Sunday 12 de May de 2024

Riveira acollerá no mes de xaneiro un curso de iniciación á orientación deportiva


A Asociación Arousa Natureza e Ocio organizará os días 9, 10 e 11 de xaneiro un curso de iniciación á orientación deportiva: unha disciplina en auténtico auxe en Galicia por ser unha actividade de carácter familiar, saudable e en contacto coa natureza.

O curso, que conta coa colaboración do Concello -ademais de Ephadax, Serdeco e Pereira Productos del Mar- está dirixido a calquera grupo de idade. Con el darase un achegamento ordenado e estruturado á orientación deportiva a través da posta en común de contidos básicos, comezando polas características esenciais, elementos regulamentarios e técnicos máis relevantes e pasando pola práctica de diferentes técnicas específicas ata chegar a realizar unhas prácticas reais en mapa.

Neste senso, os contidos teóricos concentraranse na sesión do venres 9 pola tarde e impartiranse na aula do Centro de Interpretación de San Roque, mentres que os prácticos sucederanse no sábado 10 en horarios de mañá e tarde e o domingo 11 pola mañá en diferentes localizacións tanto en Riveira como en sitios pertencentes a outros concellos, como por exemplo San Pedro de Muro en Porto do Son.

As prazas son limitadas (máximo de 40) e o prazo de inscrición son 20 euros por persoa. Máis información e inscricións na páxina web www.arousa.com.